CRTVG

Buscar

Vento de case 150 quilómetros por hora e abundantes precipitacións

Publicado o 05/03/2019 21:27

Martes de Entroido menos lucido do desexado. Xa temos enriba un novo temporal en Galicia. Entrou a primeira hora da tarde, pola costa oeste. Pero xa está a deixar choiva xeneralizada e vento moi forte por toda a comunidade.

Nas últimas horas, o mal tempo prexudicou sobre todo esta provincia da Coruña, o interior, oeste e suroeste. Pero tamén toda a provincia de Pontevedra e boa parte da de Ourense. A borrasca Laura, estanos deixando vento de máis de 70 quilómetros por hora e acumulacións de choiva, en 12 horas, de máis de 40 litros por metro cadrado.

Precaución para o que nos queda de martes porque, ata as doce da noite, manterase o aviso amarelo en moitas zonas de todas as provincias galegas, agás na de Lugo. Iso por choiva. Por vento, o aviso seguirá laranxa no litoral de Pontevedra, con forza 8; e na montaña de Ourense, por refachos de máis de 100 quilómetros por hora. Para este mércores, o que esperamos, xa pasada a fronte, é: frío en altura, moita choiva por momentos, sarabia, aparato eléctrico e treboadas. O vento non será xa tan forte no interior, pero no litoral, aínda se materán avisos amarelos, por forza 7, na parte central do día.



 

Noticias web

05/03/2019