CRTVG

Buscar

Vendima temperá para os escumosos na denominación Rías Baixas

Publicado o 05/09/2019 15:59

Ata mediados de mes non comezará a vendima na Denominación de Orixe Rías Baixas. Pero hai unha excepción, a uva que se recolle estes días para faceros viños escumosos, cada vez máis demandados no mercado.

Para facer viños escumosos frescos e equilibrados fai falta isto, adiantarse á vendima oficial recollendo as uvas algo menos maduras do habitual. O grao que agora lles falta collerano mais tarde, na adega, nunha segunda fermentación con lévedos e azucre dentro da botella.

Miguel Tubío. Director Técnico da Cooperativa Martín Códax " Teñen unha maduración máis corta, dez graos e medio ou once como máximo e unha acidez máis alta, cun equilibrio parecido ao do champán. Vendímase agora porque se entra con moito alcol xa non se poderia facer a segunda fermentación, sería demasiado pesado"

O mercado destes viños sobe como a súa propia escuma. Xa son 14 as adegas de Rías Baixas que os elaboran, porque o albariño con burbullas non para de gañar adeptos.

Miguel Tubío. Director Técnico da Cooperativa Martín Códax " Polas nosas condicións climáticas, os nosos escumosos baseados en Albariño teñen equilibrios e parámetros moi próximos ao champán e se posicionan no mercado de alta gama."

Se o tempo segue seco e caloroso, a vendima do resto dos viñedos da Denominación Rías Baixas comezará dentro duns dez días.

Noticias web

05/09/2019