CRTVG

Buscar

Venden parte do Gordo, do cuarto e do quinto na mesma admistración do Porriño

Publicado o 22/12/2020 15:31

Un ano máis, no X da Sorte do Porriño teñen motivos para o brinde neste 22 de decembro. Un brinde que chega, ademais, por partida tripla: un décimo do 72.897, o Gordo, pero tamén décimos dun dos cuartos premios, o 75.981, e do 86.986, un dos quintos. Aquí xa son expertos en celebrar o azar.

Á espera de confirmar exactamente os cartos que deron, do que están seguros é de que a chuvia de cartos foi fina, foi repartida. Así que, con ledicia, celebran a inauguración oficial do Nadal neste xe da sorte que fai honra ao seu nome na localidade do Porriño. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

22/12/2020