CRTVG

Buscar

Vende unha vivenda dentro do mosteiro de Montederramo por 200.000 euros

Publicado o 21/05/2021 21:22

Imos agora ata Montederramo. Neste concello da Ribeira Sacra venden unha vivenda enclavada dentro do mosteiro que é Ben de Interese Cultural dende 1951. 

Elvira ensínanos a casa na que naceu e onde viviron xa os seus avós e bisavós. Na planta baixa tiñan a panadería, arriba a vivenda.Son máis de 400 metros cadrados, dentro do mosteiro, por 200.000 euros. Pero a vivenda leva anos pechada e precisa unha restauración integral.

O mosteiro é Patrimonio Histórico Nacional e aínda conserva restos románicos malia que a principal reforma foi dos séculos XVI e XVII.
Coa desamortización de Mendizábal este mosteiro pasou a mans particulares e agás esta parte que foi un colexio, ata que deixou de haber nenos, e que agora pertence ao concello de Montederramo, o resto son vivendas en estado ruinoso.
É o soño desta propietaria e do resto de veciños de Montederramo, que alguén lle poida volver dar vida a este Ben de Interese Cultural.

Noticias web

21/05/2021