CRTVG

Buscar

Venancio Salcines: "As medidas adoptadas polo Goberno son correctas, pero na execución hai moito que traballar"

Publicado o 20/04/2020 10:29

O doutor en Teoría Económica, Venancio Salcines, profesor titular na Universidade da Coruña, analiza na entrevista do Bos días o escenario económico tras a crise do coronavirus.
O profesor Salcines di que posiblemente se saia da "crise en V, pero o segmento de saída do V será moi moderado, porque imos pasar dunha crise de liquidez, que é onde estamos netes intre, a fase do medo, que terá diferentes fases: a primeira é a do verán, que en principio debe ser unha boa etapa, despois a campaña do Nadal, onde se vai testar cal é o pulo da ecoconomía, e, por último, se o verán do 21 sae ben, poderiamos ter a economía restaurada".

En canto ao consumo, asegura que "é posible que a xente modere o consumo se non hai un medicamento, unha vacina de cara ao inverno. E iso fai afectar máis os produtos máis importantes, electrodomésticos, automóbiles e casas. A xente recuperará o día a día, pero non haberá moitos investimentos de peso".

Sobre as medidas aprobadas polo Goberno para evitar un desastre empresarial e laboral considera o doutor en conomía, que "o deseño das medidas do Goberno, a grandes trazos son correctas, pero na execución hai moito que traballar. O Ministerio de Traballo falaba de achegar 20.000 millóns de euros, pero non dan chegado. O ministerio de Traballo acaba de deixar as autonomias sen políticas activas de emprego".

Das instituticións Europeas di o economista que "Europa non está dando a talla para os países do sur. O fantasma da prima de risco está chamando á porta de España outra vez. Temos que ter financiamento europeo, pero con dignidade".

Noticias web

20/04/2020