CRTVG

Buscar

Velutinas dentro da froita, unha trampa mortal para o gando

Publicado o 15/09/2021 20:59

Unha cabra achegouse a comer froita sen imaxinar o perigo que tiña no interior. Nada menos ca unha vespa velutina, que ao sentirse atacada deulle unha picadura mortal na gorxa.

O suceso, segundo un especialista na loita contra as velutinas, é moito máis habitual do que pesamos e ademais afecta a todo tipo de animais, sobre todo vacas.

Por iso é importante manter o gando lonxe das árbores de froita e avisar se se detecta algún niño de velutina na zona para que sexa retirado. Este verán en zonas como a Mariña están producíndose menos incidentes do habitual grazas sobre todo á efectividade das trampas instaladas en primavera para capturar as vespas raíñas.

Noticias web

15/09/2021