Veloso domina en Portugal cando faltan cinco etapas para o final
Publicado o 07/08/2019 16:44
Na Volta a Portugal volve á actividade este mércores. Final de etapa en Bragança. Mañá na serra do Larouco, en Montalegre, na fronteira con Galicia. O sábado o final na Graça e o domingo a etapa crono.
Gustavo César Veloso é o líder. Ata o momento domina co seu equipo a carreira. Faltan cinco etapas. Veloso persegue a súa terceira volta a Portugal.