Veloso cae chegando a Bragança, pero mantén o liderado
Publicado o 08/08/2019 16:29
Susto para Gustavo César Veloso na etapa da Volta a Portugal que finalizaba en Bragança. Veloso sufriu unha caída a falta de tres quilometros. Había aceite no asfalto e nunha glorieta foise o chan. Feridas sen escesiva importancia e como estaba nos últimos quilometros o retraso en meta non contabilizou para a clasificación xeral.
Veloso segue de líder. Hoxe outra etapa de montaña con final en Montalegre, na Serra de Larouco. A etapa en Braganza gañouna o ciclista manchego Hector Saez, o mais astuto da fuga da xornada.