Velorio simbólico dos traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao
Publicado o 28/11/2020 21:28
Traballadores, familiares e veciños da Mariña celebraron esta noitiña un velorio simbólico á entrada da fábrica de Alcoa en San Cibrao para expresar o sentir da comarca se a factoría chegase a pechar.
Unha nova protesta ás portas dunha semana de vital importancia para o futuro da fábrica na Mariña, pois o vindeiro xoves celébrase o xuízo polo ERE que iniciou a empresa.