Veciños e usuarios do CHUS quéixanse dos coches que invaden a beirarrúa
Publicado o 22/09/2020 14:55
Nesa rúa a beirarrúa non é dos peóns, é dos coches. Aí aparcados quedan toda a mañá, algúns mesmo todo o día.
Os veciños da contorna do Hospital Clínico de Santiago e os usuarios quéixanse de que dificultan o tránsito de vehículos e de peóns. Obrigan os camiñantes a ir pola calzada, polo barro ou polo xardín. Imaxinen o problema que iso supón para os que levan un carro de bebé ou unha cadeira de rodas.