CRTVG

Buscar

Veciños e comerciantes do centro da Coruña alertan da proliferación de ratas

Publicado o 30/06/2021 14:59

Os roedores están causando máis dunha dor de cabeza na contorna da praza de San Pablo. 

"Eu xa as vin hai un mes e son grandes, eh", di unha muller.

Nun vídeo gravado por veciño vese unha das ratas andando con toda tranquilidade pola zona ata que un comerciante logrou espantala cun pau. 

"Deille co pau para que non se me metese no negocio", di un comerciante.

Cualifican o problema como un perigo sanitario, e máis tendo en conta que aquí acoden moitos pequenos xogar.

"Hai moitos nenos pequenos e calquera día unha rata pode roer un deles. A verdade é que estamos moi preocupados", explican.

E preocupados tamén están os donos dos cans. "Non sabía que había ratas, pero xa non vou traer máis o meu can aquí ata que rematen con este problema", di un deles.

Desde o Concello aseguran que nas últimas horas técnicos municipais realizaron un reforzo de desratización e que non atoparon ningún roedor.

Noticias web

30/06/2021