CRTVG

Buscar

Veciños e comerciantes denuncian berros, pelexas e estragos a diario na praza Mestre Mateo da Coruña

Publicado o 02/08/2021 15:29

Fartos e impotentes. Así se senten os veciños e comerciantes da praza Mestre Mateo da Coruña por mor dun grupo de mozos que cada tarde se reúne na zona.

Comportamentos que mesmo causan estragos no lugar. Chegaron a subirse no quiosco que hai na rúa e romperon un sinal de tráfico e unha cabina de teléfono.  

Os veciños aseguran que, cando se lles recrimina a súa actitude, responden de moi malas maneiras.

Moitos veciños e comerciantes afectados non queren falar por medo a que a situación se converta aínda en máis insostible. Desesperados, preparan unha recollida de sinaturas para buscar unha solución.

 

Noticias web

02/08/2021