CRTVG

Buscar

Veciños de Oleiros denuncian que cando chove forte lles entran na casa augas fecais

Publicado o 20/09/2021 14:18

Cando chove con forza os veciños da urbanización O Vieiro, en Oleiros, xa se poñen no peor. E é que polos desaugadoiros das vivendas entran augas fecais. O último episodio deste tipo aconteceu coa intensa chuvia da semana pasada, pero denuncian que isto lles pasa un par de veces ao ano. O Concello de Oleiros di que as redes pluviais e fecais están conectadas ilegalmente a un único pozo municipal.

Os veciños deféndense dicindo que eles compraron as casas xa rematadas, pero que, en todo caso, necesitan axuda para poñer fin a un problema que lles orixina importantes estragos cada vez que chove con forza.

Noutras urbanizacións próximas quéixanse de problemas de atascos nos sumidoiros, aínda que os asolagamentos só afectan os veciños do Vieiro.

Noticias web

20/09/2021