CRTVG

Buscar

Veciños dunha rúa de Vigo piden o seu acondicionamento para evitar accidentes

Publicado o 07/07/2021 16:18

Despois de dezaoito anos de espera, os veciños dunha rúa de Vigo comezan unha recollida masiva de sinaturas para pedir ao Concello o seu acondicionamento. Denuncian o risco de atropelo pola falta de beirarrúas e unha sinalización deficiente que xa provocou accidentes.

Os viandantes vense obrigados a camiñar pola calzada ante a ausencia de beirarrúas. Tampouco hai sinais de velocidade nin bandas redutoras polo que os vehículos circulan en moitos a casos a velocidades excesivas que aumentan o risco de accidentes e atropelos. 

Os afectados son veciños e tamén empresas instaladas nesta vía que concentra un alto volume de tráfico. O grupo municipal do Partido Popular na oposición acompañou os veciños en apoio ás súas reclamacións. 

Tras dezaoito anos de espera os veciños comezaron unha recollida masiva de sinaturas que presentarán no Concello para que acometa  as obras necesarias.

Noticias web

07/07/2021