CRTVG

Buscar

Veciños do Peruleiro denuncian o incremento da inseguridade desde que se instalaron 'okupas' neste barrio coruñés

Publicado o 30/07/2021 14:58

No barrio do Peruleiro faise vida de barrio. Familias que levan aquí moitos anos, que se coñecen e que compran nas tendas dos seus veciños. Pero desde hai uns meses varias persoas ocuparon un par de vivendas e a cousa mudou. 

"Ten que acudir a policía moitas veces. Levan un ano e pico aquí, e desde que chegaron sempre hai algún problema", explican. "Hai disturbios, pelexas entre eles... Inseguridade, nunha palabra".

E non só iso. Roubos na rúa e mesmo unha denuncia dunha muller que foi agarrada por un home con intencións pouco claras. 

"Eu nunca tiven problema, pero teño unha amiga que lle saíu un home espido", conta unha veciña.

A policía aumentou a vixilancia na zona mentres investiga a situación. Os veciños aseguran que a ocupación da vivenda non foi espontánea.

O Concello está intentando contactar cos propietarios das vivendas. Os veciños do Peruleiro esixen vivir sen sobresaltos, como sempre foi neste barrio da Coruña.

Noticias web

30/07/2021