CRTVG

Buscar

Veciños do Pereiro de Aguiar, atemorizados por meses de roubos nas súas vivendas

Publicado o 20/02/2019 19:11

Xoias por valor duns 8.000 euros e outros 900 euros en metálico levou ou levaron o ou os autores do último roubo nesta urbanización do Pereiro de Aguiar. Os veciños levan meses denunciando constantes e semellantes roubos con estragos nas súas vivendas.

"Coma sempre, entraron cando non había ninguén na vivenda. Temos claro que saben perfectamente que casas están habitadas e as que non. A preocupación que temos é a máxima".

"Porque amais, consideramos que se temos sistemas de seguridade e alarmas instalados, teñen que ser para axudarnos a nós. E parécenos, consideramos que hai cousas que non nos parecen demasiado razoables".

"A min resúltame moi raro e estraño que padezamos roubos un día e ao seguinte nos aparezan na zona vendendo alarmas".

Que dispoñan de alarmas e sistemas diversos de seguridade domésticos e que se reforce a seguridade na zona con máis presenza policial, non está evitando que a estes veciños lles sigan entrando roubar, polo que aumenta a preocupación. As forzas de seguridade non desbotan que sexa o mesmo grupo organizado que actuou xa en varios puntos da provincia.

Noticias web

20/02/2019