CRTVG

Buscar

Veciños do Grandil, en Noia, denuncian que levan 20 anos agardando polo sumidoiro

Publicado o 05/03/2021 16:06

Hai máis de vinte anos que este grupo de veciños do Gradil, en Noia, viven reclamando un sumidoiro que nunca chega e que está xerando problemas de hixiene na zona. A forte chuvia está a desbordar os pozos negros que teñen nas hortas e o lixo discorre a miúdo pola estrada principal.

Atopánse a diario con sucidade procedente das casas veciñas e xa non encontran ningunha solución para resolver o problema.

Piden que as promesas que levan recibindo durante anos se cumpran xa para poder vivir en condicións adecuadas.

Noticias web

05/03/2021