CRTVG

Buscar

Veciños do barrio coruñés do Castrillón denuncian venda de drogas na zona

Publicado o 15/10/2019 13:41

Os inmobles en ruínas do barrio do Castrillón son os que albergan os principais puntos de distribución e consumo de droga nesta zona da Coruña. Un problema que preocupa a venciñanza.

"Hai varias zonas onde van aparecendo xeringas e polo tanto son lugares a onde se van picar. E despois hai zonas de trapicheo e consumo que tamen as temos localizadas e  policía xa tamen ten  coñecemento das nosas denuncias", di Ramiro Otero, presidente da Asociación de Veciños do Castrillón.

Desde a asociación aseguran estar en contacto permanente coa policía, que xa implementou as patrullas na zona para tentar paralizar os novos métodos de distribución de droga.

"Xa non é a veces en puntos fixos senos que aparecen en coches ou motos, deixan o paquete e  marchan polo que a policía atopa moitas máis dificultades para poder vixiar os sitios", di Ramiro Otero, presidente da Asociación de Veciños do Castrillón.

Ademais da presenza policial, insisten en que a erradicación do problema pasa polo peche dos inmobles en ruínas. No 2018 a policía realizou 60 aprehensións de droga no barrio.

Noticias web

15/10/2019