CRTVG

Buscar

Veciños da zona vella de Ourense evitan a ocupación dun inmoble baleiro

Publicado o 21/06/2021 14:23

A proliferación das ocupacións ilegais de inmobles e vivendas fai estar alerta os veciños. Nesta ocasión os da zona de vella de Ourense, que alertaron de presenza de xente no interior dun edificio baleiro desde hai anos.

Foron os veciños da rúa da Luna, na zona vella de Ourense os que se decataron durante a fin de semana de movemento no interior deste inmoble propiedade do bispado que durante anos albergara a Asociacion Abeiro de axuda ao toxicómano, pero que leva en desuso desde o ano 2014.

Cando chegaron os axentes da Policía Nacional xa non había ninguén non interior. Tan só se limitaron a comprobar como os propietarios do edificio retiraron obxectos e pertenzas persoais e os depositaban no exterior do inmoble.

Segundo confirman desde o propio bispado, trátase dun feito menor que unha vez falado co ocupante ilegal quedou resolto. Onte cambiaron as pechaduras para evitar novos intentos de ocupación.

Noticias web

21/06/2021