Veciños do barrio coruñés do Peruleiro denuncian roubos e inseguridade nas rúas
Publicado o 12/10/2021 14:05
Unha panadería foi o último local atracado dunha longa listaxe que non deixa de medrar nas últimas semanas. "Pensei que era un cliente e cando sacou o coitelo díxome que era un atraco", relatan: "levoume o que tiña na caixa e marchou".
É o barrio de Peruleiro, unha zona ata hai pouco tranquila, e onde hoxe entre os veciños xa non se fala doutra cousa
Porque non son só atracos en locais, tamén na rúa, a plena luz do día... calquera pode ser a próxima vítima.
A forma de actuar do atracador é case sempre igual, o que fai que moitos pensen que podería tratarse da mesma persoa.
Pero de momento ninguén deu con el. Pensan que un reforzo policial na zona, podería axudar a devolverlle ao barrio a tranquilidade, que tanto busca.