CRTVG

Buscar

Veciños denuncian unha pista perigosa na parroquia ferrolá de Esmelle

Publicado o 09/04/2021 14:45

Meterse por esta pista é unha manobra de risco para os que circulan pola parroquia ferrolá de Esmelle. Estas marcas quedaron tras o último accidente acontecido hai un par de noites. Din os veciños que case todas as semanas se vai da estrada algún coche e logo envorca.

Manuel Lorenzo, membro da asociación de veciños: "Fíxate se é perigoso, e o Concello ten coñecemento porque un coche municipal saíu fóra aquí e tivo que vir o guindastre sacalo". 

Cren que a solución é simple. Hoxe remataba o ultimato que lle deran ao Concello, pero déixano en suspenso ata o luns á espera de que se tomen unhas medidas provisionais.

Miguel Parra, presidente da asociación Val de Esmelle: "Esta mañá chamounos o alcalde e dixo que van poñer unha sinalizacón, pedirlle permiso a Augas de Galicia para acometer a obra". 

Afeitos a rehabilitar os muíños e outros espazos públicos da parroquia, estaban dispostos a facer a obra eles mesmos. Só os disuadiu a certeza de que recibirían unha multa de Augas de Galicia.

Noticias web

09/04/2021