CRTVG

Buscar

Veciños de Vilagarcía denuncian a falta de limpeza do rio do Con e a proliferación de ratas

Publicado o 17/06/2020 13:48

Veciños de Vilagarcía que viven na contorna do río Con aseguran que as ratas proliferan entre a vexetación que invade o leito e as marxes nesta zona e que lles entran nas casas.

En tempos, aquí había lavadoiros e era unha zona de baño para os rapaces no verán, pero agora a vexetación case impide ver a auga.

Agora denuncian o desleixo das administracións coa limpeza do leito e as beiras do río neste punto, e temen que se non o fan, cando chova forte, se poidan repetir os asolagamentos que sufriron en 2006.

Os veciños pidenlles ás administracións local e autonómica que asuman as súas responsabilidades e ordenen con urxencia a limpeza do Con.

Noticias web

17/06/2020