Veciños de Sabarís, en Baiona, denuncian o mal estado do sistema da rede de sumidoiros
Unha familia de Sabarís, no concello de Baiona, treme cada vez que chove. O motivo é un sistema da rede de sumidoiros insuficiente que en días de moita auga reborda por completo. O resultado xa o están vendo. O baixo da súa casa queda completamente anegado de augas fecais.
E cando isto sucede, nin poden saír, nin tampouco poden entrar na casa o que supón un grave problema tendo en conta que a nai de Encarna é maior e está enferna. Non é a primeira vez que sucede. Os máis afectados son eles, pero esta problemática afecta outras vivendas.
O colapso das redes de sumidoiros e o seu desbordamento supoñen tamén un problema de saúde pública para estes veciños, por tratarse de augas fecais. O Concello xa foi informado desta situación hai meses.
Aseguran que se trata dunha obra menor de competencia municipal que segue sen arranxar. E se a iso lle sumamos a época do ano en que estamos, o máis probable é que este tipo de situacións volvan repetirse para estes veciños de Sabarís.