Veciños de Outes levan tres semanas sen teléfono fixo e sen Internet
Publicado o 14/10/2019 14:02
Aproximadamente a metade dos veciños da parroquia de San Cosme de Outes levan sen teléfono fixo e sen Internet polo menos desde o 25 de setembro.
A orixe deste problema parece que está na caída dun poste que está situado no interior dun terreo particular. Ante o que considera inacción da compañía Telefónica, o Concello de Outes presentou unha queixa na Inspección de Telecomunicacións. Queren que se esclarezan as causas e se resolva o problema da falta de servizo.
O número de veciños prexudicados poden ser uns 400, segundo cálculos do Concello.