CRTVG

Buscar

Probas de antíxenos en Melide e Agolada para detectar novos positivos en covid

Publicado o 06/02/2021 14:44

Por segundo día, os veciños de Melide fan ringleira ante o centro de saúde para facer o test de antíxenos.

O Sergas convocou 1.700 persoas, e o venres xa pasaron o 76 por cento.

A proba de antíxenos é moi rápida e o resultado chega en minutos.

Urxe identificar os casos positivos canto antes porque desde o día de Reis os casos en Melide non deixaron de subir. A día de hoxe hai 60 diagnosticados.

Agolada é outro dos concellos nos que se está a levar a cabo un cribado entre a poboación. Neste caso están chamados a facer esta proba de antíxenos novecentas persoas, de entre 16 e 70 anos. A idea é detectar os casos de coronavirus para cortar así a cadea de contaxios. 

En Agolada hai preocupación. Con 25 casos diagnosticados, non queren que aumenten.

É unha mostra aleatoria na que participan 900 veciños. En breve saberase se os casos aumentaron.

Noticias web

06/02/2021