Veciños de Lugo organízanse para paliar os problemas de seguridade que padecen
Os veciños dun barrio de Lugo estanse a organizar para paliar os problemas de seguridade que padecen. No último mes foron asaltadas cinco vivendas. Os residentes chegaron a contratar gardas xurados, aínda que non desbotan patrullar eles mesmos as rúas do barrio.
Só neste mes, os residentes na Louzaneta, en Lugo, sufriron tres vagas de roubos nas súas casas. Para intentar poñerlle freo a esta situación, decidiron organizarse. Á última xuntanza, convocada a través das redes, acudiron uns 60 veciños, que acordaron estudar diversas medidas. Co fin de estaren mellor protexidos, non desbotan contratar seguridade privada ou mesmo patrullar eles mesmos as rúas do barrio.
"Dada a preocupación por tanto roubo, houbo o outro día unha xuntanza por ver de dar cunha solución e valoráronse a vixilancia conxunta ou a vixilancia privada".
De entrada, os residentes neste barrio lugués resolveron crear unha asociación veciñal, inexistente ata o de agora, para empezar a xestionar as medidas de seguridade que decidan tomar para evitar novos asaltos.