CRTVG

Buscar

Veciños de Chapela e Teis esixen unha data para a eliminación da peaxe Rande-Vigo

Publicado o 20/01/2020 15:04

É unha vella demanda dos veciños do barrio vigués de Teis e de Chapela que usan acotío o tramo da autoestrada AP-9 que os conecta con Vigo.

Os representantes de ambas asociacións veciñais presentaron no rexistro unha carta dirixida ao Ministro de Transportes e Mobilidade. Esíxen unha data para a eliminación da peaxe e critican a falta de vontade política.

Tamén reclaman transformar en tramo urbano o acceso da autoestrada desde as Torres de Padín. Advirten de que se non obteñen unha resposta levarán a cabo novas mobilizacións.

Noticias web

20/01/2020