Veciños de Cerdedo quéixanse dos estragos dos xabarís nos cultivos e nos prados
Publicado o 01/08/2019 12:28
Impotencia. É o sentimento que mellor describe o que están a vivir algúns veciños de Cerdedo-Cotobade, fartos das continuas desfeitas que causan os xabarís nesta zona.
Non poden facer nada contra os ataques destes animais, que arrasan os seus cultivos estragando a herba destinada ao alimento do gando. Desfeitas que lles provocan cuantiosas perdas.
Os veciños de Cerdedo piden axuda. Xa non saben a quen recorrer.
Os veciños afectados presentaron varias denuncias. Agora agardan que alguén poida darlles unha solución que lles permita seguir adiante coa súa actividade.