CRTVG

Buscar

Veciños de Catoria piden a retirada de varios ninños de avespa asiática

Publicado o 19/11/2020 14:23

Persoas que veñen andar pola contorna das Torres do Oeste, en Catoira, foron quen alertaron da existencia de tres niños de avéspora asiática no alto de cadansúa árbore. Segundo nos contan asiduos desta zona, dous teñen vida velutina dentro e arredor do pequeno ata o de agora non viron actividade.

José Manuel e Álvaro afirman que vai para quince días que comunicaron a existencia dos niños ao teléfono que a Xunta dispuxo para iso. Coincinden ao queixarse en que nesa vía a atención ao usuario non é axeitada.

José Manuel Maneiro Fernández, veciño de Catoira, di que "aquí non aparece ninguén. O domingo fai quince días que os vimos e avisamos. Eu o que lle digo é que tomen medidas. Porque isto é non querer traballar. Porque despois de avisar máis que un e iso segue así. Por riba de colaborar co Concello e con eses señores, que non nos faga caso ninguén".

Alfonso Figueira, outro veciño afirma: "Sorprende que despois de dar o aviso tarden tanto de quitalos. Cando os descobres, dinche chama ao 112, pero chamas para nada. Daquela avisamos... a quen, para que...?".

Os niños quedaron á vista coa caída da folla e os veciños da zona venos unha ameaza, polo que insisten en que é necesario eliminalos sen máis demora.

Noticias web

19/11/2020