CRTVG

Buscar

Veciños de Cangas protestan porque as campás da ex-colexiata segue tocando a defunto

Publicado o 12/03/2020 13:45

Así soan a defunto as badaladas da excolexiata de Cangas. Forman parte da tradición sonora da vila e moitos non se sentirían en Cangas de non escoitalas.

Pero tamén teñen detractores, moitos consideran que o son está moi alto e que chegados ao século XXI hai outros xeitos de comunicar os avisos ou as celebracións relixiosas.

Os responsables do templo cos que puidemos falar din non ter constancia das denuncias que se están a facer nas dependenzas de urbanismo do consistorio cangués.

Noticias web

12/03/2020