CRTVG

Buscar

Veciños de Cabral e o Meixoeiro, en Vigo, denuncian a construción dunha pasarela a ningures

Publicado o 22/10/2019 14:48

Por moitas horas que agardemos, ninguén emprega este paso peonil. É lóxico, porque non leva a ningures... provocando a risa, pero tamén a indignación, entre os seus posibles usuarios.

Porque por mor das obras de mellora na autovía que une Vigo co Porriño esta pasarela foi retirada. Unha vez reposta a sorpresa foi que quedou inservible. Pódese acceder pero o paso non ten saída. Alí só atopamos un muro e unha leira valada.

Os veciños reclaman unha solución, xa que esta pasarela que une a zona de Cabral coa do Meixoeiro era empregada por moitas persoas para cruzar con seguridade a autovía.

De momento a pasarela só serve para camiñar un pouco e dar a volta ou para empregala como miradoiro. Ironías á parte, os veciños fartos da situación xa recolleron sinaturas e esixen das administracións implicadas solucións urxentes.

Noticias web

22/10/2019