CRTVG

Buscar

Veciños de Barro, en Pontedeume, quéixanse por un cable que entorpece o paso de vehículos

Publicado o 05/03/2020 14:29

Descolgado desde hai máis dun ano. Así está unha cable da rede telefónica no lugar do Barro, no concello coruñés de Pontedeume.

Din que dificulta o paso de camións grandes. Supoñendo un perigo, explican, tanto para os peóns, malia que a zona está valada, como para os vehículos.

Amais, consideran que afea este lugar, por onde transcorre o Camiño de Santiago.

Protestaron moitas veces. Piden que o coloquen á altura que ten que estar para evitar unha posible desgraza.



 

Noticias web

05/03/2020