CRTVG

Buscar

Veciños de Arteixo denuncian os continuos cortes de luz que sofren

Publicado o 05/01/2021 14:52

O día a día para estes veciños do lugar da Pata, na parroquia arteixán de Barrañán, volvéuselles complexo desde o pasado 27 de decembro.

"Aquí hai continuos cortes de luz e sempre á mesma hora, sobre as dez e media da noite", di unha das afectadas.

Din vivir un pesadelo, e máis nestas datas. En Noitevella tampouco puideron cear nin tomar as uvas coas badaladas tranquilos.

 "As uvas comémolas grazas ao móbil", destaca un dos veciños.

A orixe do seu problema unha sobrecarga nos dous transformadores que lles dan o subministro eléctrico.

Desde Naturgy, a empresa que subministra o servizo, informáronos de que os técnicos están a traballar xa no aumento de potencia do centro de transformación de Galo e tamén no reparto de cargas.

Aseguran que o problema quedará resolto ao longo do día de hoxe.

 

Noticias web

05/01/2021