Veciños das Gándaras maniféstanse en contra da ocupación ilegal de casas
Publicado o 24/03/2019 15:22
Nova manifestación no barrio lucense das Gándaras en contra da ocupación ilegal de casas. Os veciños percorreron varias rúas ata chegaren á única vivenda que continúa ocupada por persoas alleas aos propietarios.
Ao longo desta semana, outras dúas casas foron recuperadas polos seus donos. Os veciños, fartos desta situación, reclaman máis vixilancia e seguridade e que se modifique a lei para que no caso dunha ocupación ilegal os propietarios poidan recuperar a casa canto antes.