CRTVG

Buscar

Veciños da zona vella de Ourense piden solucións ao vandalismo e o ruído nas fins de semana

Publicado o 30/10/2019 15:18

Na zona vella de Ourense están fartos de non poder durmir as fins de semana. Din que o ruído do ocio nocturno é insufrible. E ao balbordo súmanse o vandalismo e a sucidade.

Aseguran os afectados que non están en contra dos locais de copas, pero piden respecto, civismo e que cumpran a normativa. A asociación de veciños da zona antiga presentou denuncias contra 20 locais que aseguran que non teñen licenza de pub, din que o Concello non responde e presentaron queixas á Valedora do Pobo.

Noticias web

30/10/2019