CRTVG

Buscar

Veciños da zona sur de Lugo piden melloras nas novas liñas de autobuses

Publicado o 27/05/2021 12:04

Veciños das zonas de Nadela e de Conturiz, no sur de Lugo, quéixanse de que as novas liñas de autobuses urbanos van deixar de levalos ata o centro da cidade. Demandan, polo tanto, que o transporte público siga achegándoos á contorna do centro médico de Fingoi e dos institutos da avenida de Ramón Ferreiro. 

Para presentaren ante o Concello a súa proposta de mellora do percorrido e das frecuencias das liñas, os colectivos veciñais van recoller sinaturas entre os afectados. Pola súa parte, dende a Área de Mobilidade do Concello de Lugo sinalan que as novas liñas, que foron acordadas por unanimidade por todos os grupos da corporación municipal, mellorarán o servizo xa existente, posto que haberá un bus ata o centro cada media hora dende as sete e media da mañá. 

Noticias web

27/05/2021