CRTVG

Buscar

Veciños de Valadares, en Vigo, denuncian a perigosidade dun cruzamento sen semáforos

Publicado o 23/09/2021 13:26

Camións, autobuses, turismos, motos e peóns comparten espazo nun cruzamento da parroquia viguesa da Valadares. O problema é que os semáforos non funcionan, o que dificulta a circulación.

Os veciños denuncian que ademais moitos condutores non respectan os límites de velocidade.

Dende a Xunta, responsable desta estrada, aseguran que os técnicos están xa traballando para solucionar o problema canto antes.

Noticias web

23/09/2021