CRTVG

Buscar

Veciños da Coruña denuncian un grupo de mozos que causan problemas na praza do Mestre Mateo

Publicado o 02/08/2021 22:22

Fartos e impotentes. Así se senten os veciños e comerciantes da praza Mestre Mateo da Coruña por mor dun grupo de mozos que cada tarde se reúne na zona.

Comportamentos que mesmo causan estragos no lugar. Chegaron a subir no quiosco que hai na rúa e romperon un sinal de tráfico e unha cabina de teléfono.

Os veciños aseguran que, cando se lles recrimina a súa actitude, responden de moi malas maneiras.

Moitos veciños e comerciantes afectados non queren falar por medo a que a situación se converta aínda en máis insostible. Neste establecemento de comida rápida, os responsables aseguran que algún empregado mesmo tivo que coller unha baixa por mor das vexacións destes mozos, que se amparan en ser menores de idade e amezan con denuncialos cando se lles chama a atención. Desesperados, preparan unha recollida de sinaturas para buscar unha solución.

Noticias web

02/08/2021