CRTVG

Buscar

Veciños coruñeses quéixanse sobre a reactivación da zona ORA

Publicado o 19/05/2020 14:20

Dende esta semana na Coruña este xesto volve ser habitual... pagar a ORA por estacionar na rúa.

Porque o servizo estivo suspendido estes últimos meses, dende que se decretou o estado de alarma.

Porque hai tamén quen pensa que isto é o que ten recuperar a tan ansiada normalidade..

As máquinas foron desinfectadas.. aínda así, non está de máis extremar as precaucións.

A Coruña é a primeira das cidadades galegas que reactiva este servizo. Santiago tamén ía facelo, pero finalmente decidiu adialo, polo menos, unha semana máis.

Noticias web

19/05/2020