CRTVG

Buscar

Vázquez regresa con vitoria

Publicado o 05/01/2020 15:16
Un gol de Somma dalle o triunfo ao Deportivo

O Deportivo de Vázquez presentouse en Soria cunha defensa de cinco, tres centrais e a presenza de Mollejo como punta de referencia en ataque.

O equipo saíu frío, xeado como a área numantina no primeiro tempo. Buscando o seu lugar no campo.

Transcorrido o primeiro cuarto de hora, os coruñeses entraron en calor agarrándose ao golpeo de Aketxe, o verdadeiro activador dos coruñeses. O vasco disparou cinco veces a porta que obrigaron a lucirse a Dani Barrio.

Pero non só o golpeo de Aketxe resultou decisivo. Tamén o foi o de Gus Ledes a Mollejo que lle custou a expulsión no minuto 38 que deixou ao Numancia con dez.

O Deportivo aproveitou esta situación á volta do descanso noutra nova intervención de Aketxe no lanzamento dun córner. Remata Bóveda, rexeita Barrio e Somma marca o tanto da vitoria. Primeiro gol do italiano nesta temporada. Era o minuto 53.

Os sorianos reaccionaron colgando balóns á área deportivista en saques de banda e centros laterais que apenas danaron ao cadro branco e azul, tal e como pediu o técnico nas horas previas.

O Deportivo, incluso, pudo pechar o partido nun novo remate de Aketxe rexeitado por Dani Barrio.

Coa superioridade numérica e a vantaxe no marcador, os coruñeses deixaron que pasara o tempo para facerse coa segunda vitoria consecutiva no campionato.

O Deportivo Somma e segue,

 

Noticias web

05/01/2020