CRTVG

Buscar

Vázquez: "Çolak ten unha categoría impresionante, pero o seu rendemento non está ao nivel da súa categoría"

Publicado o 19/06/2020 21:06

O peso da responsabilidade non mingua a confianza de Vázquez aínda que bota moito en falta o alento da bancada.

Vázquez: "Estou forte e seguro de que isto irá para adiante. Non me cabe a menor dúbida"

Non só a ausencia de público, o calendario non está a ser equitativo.

Vázquez: " O Oviedo viuse un punto máis fresco. Tiveron cinco días de recuperación. Nós tres."

Tamén cre que algúns dos seus xogadores deixaron o punto de forma no confinamento.

Vázquez: "Çolak ten unha categoría impresionante, pero o seu rendemento non está ao nivel da súa categoría"

Caso distinto é o de Borja Valle. O seu representante cre que non xoga por non ter renovado.

Vázquez: "Insinuar que hai algo extradeportivo me parece atrevido, por non dicir outra cousa"

Debe dar cos adecuados contra o Raio para superar a serie de seis partidos sen gañar. O rival vai lanzado polo ascenso.

"imolo ter difícil, está claro"

Noticias web

19/06/2020