Vázquez, ledo polo partido: "Cando nos liberamos amosamos o noso talento"
Publicado o 06/01/2021 21:33
Fernando Vázquez estaba moi ledo polo partido do Deportivo porque "demostramos que podemos competir contra un equipo de superior categoría e cando quitamos a presión amosamos todo o noso talento". Agarda que este camiño iniciado co Alavés teña continuidade contra o Zamora.
Tamén se referiu ao mercado de fichaxes onde recoñece que non pide ningunha incorporación: "Confórmome con que non haxa ningunha baixa". Tamén falou da xuntanza co presidente de hai uns días na que Fernando Vidal lle amosou "a súa total confianza".