Varios feridos tras a explosión dun cilindro de helio en Colombia
Publicado o 15/09/2021 08:32

A explosión dun cilindro de helio empregado para inchar globos deixou varias persoas feridas, ata quince, segundo algún balance, nun barrio da cidade colombiana de Medellín. Tres das vítimas precisaron asistencia no hospital, unha deles en coidados intensivos. Nove familias foron evacuadas das súas vivendas debido aos danos que ocasionou a explosión na estrutura dos inmobles.