Varios equipos de primeira, interesados na fichaxe de Peybernes
O pasado venres, o xornal deportivo Marca, nas súas páxinas adicadas á Segunda división, publicaba a noticia do interese do Mallorca en fichar ao central do Lugo, Peybernes. A esta loita polo francés engadense outros dous clubes de Primeira, o Levante e o Xetafe. Días antes do parón, o xogador, malia ser central, regateaba a pregunta sobre o seu futuro.
"Polo momento non sei. Hai que centrarse no Lugo, hai que rematar ben a temporada e despois no verán temos tempo para valorar este tipo de cousas", dixera o xogador hai uns días.
Peybernes, que xoga no Lugo cedido polo Almería, está a completar unha magnífica temporada como o amosa o feito de que foi elixido mellor xogador durante tres meses seguidos o que fala da súa gran regularidade.
"Creo que o máis importante na miña posición é a regularidade, é un posto con moita responsabilidade, teño que estar atento, teño que estar moi concentrado en cada partido, porque ao final a posición levache a facer esto..", explicou Peybernes.
Mentres, no Lugo, agardan que Peybernes siga vestindo a súa camiseta.