CRTVG

Buscar

Unha operación antidroga en Marín leva xa cinco detidos e 500 quilos de cocaína comisada

Publicado o 21/09/2019 10:34

• Trátase dunha operación internacional que continúa aberta baixo segredo de sumario | Participan a DEA e a Fiscalía de Colombia

Nunha vella nave de almacenaxe de barcos en Marín estaban agochaos os preto de 500 quilos de cocaína, incautados nesta oiperacion antidroga que aínda continúa aberta. Hai un gran operativo despregado e numerosos corpos implicados nela: Policía nacional, a axencia estadounidense DEA e a Fiscalía de Colombia. Así que todo fai pensar que haberá máis arrestos nas próximas horas, incluso noutros puntos de España e mesmo no estranxeiro. Polo de agora incautáronse 500 kgs de cocaína nesta nave de Estribela.

Os narcotraficantes intentan periodicamente introducir droga polo porto de Marín. Pero desta volta o alixo atopouse en terra. Nesta nave de Coirados, os axentes incautáronse de media tonelada de cocaína. "Quitaron a 4 rapaces esposados. Había cantidade de policías pero non sei por que. Parece que sacaron droga de aí. Algo hai".

Ata o momento confirmouse a detención de cinco persoas en relación con este alixo. Todos están en dependencias policiais de Vigo e Pontevedra. Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia "Esta é unha actuación en diversas cidades españolas dirixidas pola briga central coordinada co greco de Galicia. Hai 5 persoas detidas que están en vigo e pontevedra. Incautamos unha nave con 500 kgs de cocaína".

Na operación participan tamén a axencia estadounidense DEA e a fiscalía de Colombia. Agárdanse outros arrestos noutros puntos de España e non se descartan incluso detencións no estranxeiro. A operación está baixo segredo de sumario.