CRTVG

Buscar

Varios alumnos estiveron a piques de ser atropelados en Lugo por un condutor drogado

Publicado o 03/06/2021 13:25

Baixo os efectos das drogas, en dirección prohibida, nunha rúa de acceso restrinxido e á hora de saída do colexio. Así circulaba o condutor que estivo a piques de atropelar os alumnos dun centro de ensino do barrio lugués da Milagrosa.

A intervención dos profesores e dos pais dos alumnos foi decisiva para evitar que algún dos rapaces quedase ferido de gravidade e para reducir o condutor.

O home ameazou os pais dos alumnos e mesmo bateu contra os postes e contra os vehículos estacionados. Incluso, cando conseguiron quitarlle as chaves do coche, sacou outro xogo e seguiu coa manobras perigosas. Os rapaces viviron momentos de moita angustia.

O condutor, de 56 anos, deu positivo en consumo de cánnabis e a policía vai pedir que se lle faga unha análise psicolóxica para determinar se pode volver conducir.

Noticias web

03/06/2021