CRTVG

Buscar

Varias vivendas afectadas nun incendio urbano e agrícola na Palma

Publicado o 18/08/2021 08:58

Na illa canaria da Palma continúa sen control un incendio que desde o mediodía deste martes afecta áreas urbanas e agrícolas.

O lume está avivado pola altas temperaturas e o vento, que impiden o avance dos traballos dos equipos de extinción. Un cambio nesas condicións atmosféricas será decisivo para atacar as lapas.

O lume obrigou a desaloxar numerosos veciños dos concellos de El Paso e Los Llanos de Aridane.

 

Noticias web

18/08/2021