CRTVG

Buscar

Varias vítimas nun tiroteo nun almacén postal en Indianápolis

Publicado o 16/04/2021 08:30
Varias vítimas nun tiroteo nun almacén postal en Indianápolis

Un tiroteo ocorrido este xoves pola noite nun almacén postal en Indianapolis saldouse con múltiples vítimas, segundo informaron as autoridades. O suceso ocorreu pouco despois da 23:00, hora local, nun almacén da empresa FedEx próximo ao aeroporto, no que traballan 4.500 persoas.

Nunha breve comparecencia ante os medios, unha voceira da Policía de Indianapolis, Genae Cook, anunciou que a persoa responsable do ataque se suicidou. "Temos múltiples persoas con feridas de arma de fogo", dixo Cook, que tamén informou de que varias foron trasladadas a hospitais.

Un testemuño explicou á cadea afiliada local Fox 59 que un familiar seu estaba dentro do seu vehículo cando o atacante abriu fogo.