CRTVG

Buscar

Varias plataformas debaten en Santiago sobre o impacto da minaría

Publicado o 16/02/2019 19:02

En Santiago analizan esta fin de semana o impacto que a actividade mineira ten en distintos lugares da península Iberica. Convocados pola plataforma ContraMINAcción, 14 organizacións e plataformas están representadas neste encontro que analiza as consecuencias sociais, económicas e ambientais da actividade mineira.

Os asistentes participaron en sesións e palestras abertas ao público, nas que puideron facer as súas achegas neste debate social.
 

Noticias web

16/02/2019