CRTVG

Buscar

Os bombeiros tardan catro horas en sufocar as lapas nun almacén de ferralla en Poio

Publicado o 17/09/2021 14:37
Os bombeiros tardan catro horas en sufocar as lapas nun almacén de ferralla en Poio

Catro horas tardaron en sufocar as lapas dun almacén de ferralla en Poio.Alí desprazáronse varias dotacións, como os Bombeiros do Salnés, o GES de Sanxenxo, os bombeiros de Pontevedra e O Morrazo, membros dunha brigada forestal e Protección Civil de Poio.

O lume foi difícil de extinguir, malia estar no exterior do recinto industrial, pola existencia de materiais combustibles como, por exemplo, colchóns. Do lume avisaron os veciños e deixou abundantes danos materiais. 

Noticias web

17/09/2021